Site icon Crónica3.com A Mariña

A plataforma Comarca de Mondoñedo Unida quere aproveitar sinerxias para potenciar servizos e sectores produtivos

A plataforma Comarca de Mondoñedo Unida traballará para buscar viabilidade aos proxectos empresarias que se pretenden implantar e Mondoñedo e a súa comarca

Pretenden aproveitar sinerxias para potenciar servizos e sectores produtivos como o turístico

Na asemblea celebrada na tarde noite de onte en Mondoñedo os diferentes representantes das 36 asociacións que integran a plataforma debateron para atopar camiños de cara a viabilidade das empresas que se pretenden implantar en Mondoñedo, unha dedicada ao sector da biomasa e outra do sector hortícola.

A xuntanza prolongouse máis da media-noite polo que os presentes decidiron darlle continuidade o vindeiro mércores, noutra sesión de traballo que se celebrará na tarde-noite.

Representantes da plataforma valoran moi positivamente o encontro e o feito de que estean integradas na plataforma asociacións de diferentes sectores e municipios algo que ?favorece o aproveitamento de sinerxias para impulsar proxectos e potenciar servizos?.

Exit mobile version