Site icon Crónica3.com A Mariña

A primeira semana de outubro celebrouse a “Semana mundial da lactancia materna”

A primeira semana de outubro celebrouse a SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA, sendo este ano o 20º Aniversario e cadrando co 10º aniversario da Estratexia Mundial para a Alimentación do Lactante e do Neno Pequeno (OMS Unicef). O lema deste ano é “Compresión do pasado – Planificación do futuro” sendo os obxectivos os seguintes:

1- Lembrar o que aconteceu nos últimos 20 anos de apoio á lactación materna.
2- Conmemorar os éxitos acadados a nivel nacional, rexional e global; compartir traballos e casos nacionais co mundo.
3- Avaliar a execución da Estratexia Global para a Alimentación do Lactante e do Neno Pequeno.
4-Chamar á acción para pechar as feridas nas políticas e programas sobre lactancia materna, alimentación do lactante e do neno pequeno.
5- Chamar a atención pública sobre o estado das políticas e programas sobre lactancia materna e alimentación do lactante e do neno pequeno.

Co gallo desta celebración, a Asociación Pro Lactancia Materna Bico de Leite organiza unha mesa redonda que se levará a cabo na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz, o vindeiro venres 26 de outubro a partires das 17:30 h. Contaremos coa presenza de diversas persoas relacionadas coa saúde e con nais e pais que nos axudarán a desmontar mitos e a rachar tabús sobre a lactancia materna. É compatible aleitar e o traballo fóra do fogar? Afecta o tipo de parto ao éxito da lactancia materna? Como se vive a sexualidade durante o período de lactación? É posible aleitar a xemelgos? e a irmaos de distintas idades simultaneamente? Existe realmente o leite materno de baixa calidade? É posible desfrutar da lactancia materna? Agardámosvos para dar resposta a estas e a moitas máis preguntas.

http://bicodeleite.blogspot.com.es/

Exit mobile version