Site icon Crónica3.com A Mariña

A xunta de persoal do Hospital da Costa denuncia prácticas irregulares en contratacións e disminución da calidade asistencial

Ante a falla de resposta por parte de Recursos Humanos (RRHH) do SERGAS dende a Xunta de Persoal novamente denunciamos as prácticas irregulares postas en marcha pola Dirección de Enfermaría do Hospital da Costa para cubrir vacacións e demais ausencias do cadro de persoal, con parte do persoal fixo, a pesar de existir profesionais titulados dispoñibles nas listaxes de contratación.
A Xunta de Persoal defende o dereito de tódolos traballadores a dispoñer dun período de vacacións de un mes ao ano, dunha xornada regulada que non supere as 37,5 horas, que permita o descanso das traballadoras e traballadores entre quenda e quenda a fin de ofrecer unha atención óptima e de calidade ao igual que defendemos un salario digno pola prestación dos devanditos servizos.
O Acordo de Concertación Social recolle a liquidación económica dos excesos de xornada unicamente en situacións especiais e so para persoal eventual, non fixo, como así o explica o capítulo 2 (xornada) no seu apartado 6.
(Normas especiais sobre a liquidación de xornada do persoal eventual con prestación de servizo inferior ao ano).
No caso do persoal fixo ou interino que traballa todo o ano completo, é obriga da Dirección facer un axuste da xornada anual efectiva, e dicir que a empresa non deba ningún día ao traballador e viceversa, non tendo cabida o exceso de xornada con liquidación económica.
Como Xunta de Persoal defendemos o reparto do traballo e da riqueza e temos claro que non debemos traballar por riba da nosa xornada para incrementar os nosos salarios, nin das nosas posibilidades poñendo en risco a calidade da asistencia sanitaria.
E mais aínda cando os compañeiros e compañeiras das listaxes de contratación atópanse desempregados e engrosando as listas de paro.
Estas prácticas irregulares por parte da Dirección de Enfermería teñen como consecuencia directa:.

1) A DISMINUCIÓN DA CONTRATACIÓN NA COMARCA DA MARIÑA xa que se reduciron considerablemente os contratos por vacacións que se ofertaban nesta área ,de maneira que profesionais que contaban ser chamados para cubrir eses contratos ,non recibiron ofertas ou ben traballaron menos días que o ano anterior.
Tanto axuste da contratación provoca que moitos profesionais perfectamente preparados non teñan a súa primeira oportunidade de traballo e se plantexen emigrar na búsqueda dun traballo que aquí ,non lles ofrecen ou ben pasen a engordar as listas do paro Esta política de recortes sobre a sanidade acurta gastos aparentemente, pero desperdicia traballadores formados e preparados, e tamén afiliacións á Seguridade Social tan necesarias nos nosos días.

2) A DISMINUCIÓN DA CALIDADE ASISTENCIAL NO NOSO HOSPITAL:
Lembramos que os recortes están a provocar a diminución de traballadores na sanidade pública ocasionando sobrecarga asistencial (o mesmo traballo repártese entre menos profesionais), menos calidade nos coidados e a “implantación” de que os acompañantes coiden forzosamente aos enfermos.
Estes recortes brutais, mal chamados reformas e axustes mingúan o dereito á saúde de toda a poboación da Mariña, algo que rexeita sen paliativos esta Xunta de Persoal.
Este é o modelo que o goberno de Feijoo promove e impulsa a través dos seus xestores no Hospital da Costa para xerar emprego e saír da crise, o modelo de non dar altas de afiliación na seguridade social, o modelo da destrución de emprego e o desmantelamento progresivo do Hospital da Costa en prol da sanidade privada.

Exit mobile version