Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de inscrición para a escola específica de porteiros “Lugo Costa Porteiros”

Xa está aberto o prazo de inscrición para formar parte da Escola específica de Porteiros “Lugo Costa Porteiros”.

A escola está destinada para tódolos porteiros e porteiras, independentemente do seu nivel, categoría na que compiten e/ou dedicación que sexan amantes do deporte que practican e que teñen gañas de seguir aprendendo e mellorando, xa que polo xeral, o posto de porteiro é o gran esquecido nos adestramentos.

Os grupos de traballo non excederán de 6 alumn@s por monitor e poderás ir aprendendo e dominando tódolos recursos técnicos e tácticos dun porteiro de fútbol.

Adestrarase sempre en grupos reducidos buscando sempre niveis de homoxeneidade para garantir a máxima calidade do proceso de aprendizaxe.

Seguiranse unhas estratexias de intervención e deseñaremos tarefas acordes a cada unha das etapas de formación establecidas (Iniciación, Perfeccionamento e Especialización).

Os adestramentos levaránse a cabo os luns de 18:00 a 20:00h. no Campo de Fútbol de Malates de Foz

Tódalas persoas interesadas en recibir máis información poden facelo chamando aos teléfonos: 690 18 10 32

Exit mobile version