ABSA E ACIA BURELA FAN ENTREGA DA PRIMEIRA CESTA DE PEIXE DA CAMPAÑA “PONTE DE PEIXE EN BURELA”
Abelardo Basanta (presidente de ABSA) e María José Goás (ACIA Burela) fixeron entrega do premio á gañadora Concha Repiso Fuentes, que selara a súa tarxeta no Hotel Nordés, Vinoteca O Traste, cafetería Vista Alegre e Bar Arenal.
A campaña “Ponte de Peixe en Burela” está organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela e inclúe tres xornadas gastronómicas nas diferentes pontes festivas dos últimos meses do ano: outubro (bonito), novembro (merluza) e decembro (pulpo).
A campaña “Ponte de Peixe” continúa nesta ponte do 1 de novembro coa celebración de “Ponte de Merluza en Burela”, que se celebrará nos locais hostaleiros de Burela entre o xoves 1 e o domingo 4 de novembro. De novo se volverá sortear unha cesta e peixe doada por ABSA e valorada en 500 euros entre todos os participantes que selen a súa tarxeta de participación en catro dos locais que participan na campaña.