COMUNICADO DE PRENSA
ACIA BURELA ANIMA A “POÑERSE” DE MERLUZA NESTA PONTE DE TÓDOLOS SANTOS
Son dezaséis os locais hostaleiros de Burela que se uniron a esta inciativa e que ofrecerán entre o 1 e o 4 de novembro miniracións de merluza cada un na súa especialidade.
Entre os seus clientes sortearáse, como xa se fixera na recente xornada gastronómica “Ponte de Bonito”, unha cesta de peixe valorada en 500 euros e doada por ABSA Burela. Para poder entrar no sorteo, cada cliente deberá selar a súa tarxeta de participación en catro dos locais que participan na campaña.
A campaña “Ponte de Peixe en Burela”, organizada por ACIA Burela, celebrará a súa terceira e última xornada gastronómica na próxima ponte de decembro, coa cita “Ponte de Pulpo en Burela”, que se celebrará de novo nos locais hostaleiros de Burela entre o xoves 6 e o domingo 9 de decembro, con novas miniracións e novos premios.