Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades electorais do PP en Viveiro, Burela, San Cibrao e Mondoñedo

Nun paseo electoral e nun concurrido xantar- xuntanza de traballo na que participaron mulleres da comarca da Mariña

“O noso obxectivo é Galicia e a nosa preocupación os problemas dos cidadáns”

. Os populares fixeron fincapé nas políticas sociais manfiestando que son prioritarias para o seu partido, de ahí que se destine máis do 50% do orzamento

. Instaron a que homes e mulleres se sumen ao proxecto compartido para multiplicar esforzos e recursos para poñer en valor o excelente traballo que están a desenvolver as mulleres, coa súa cada vez maior presenza nos distintos ámbitos

A Mariña, 14-10-2012.- Se o pasado domingo Ana Pastor acompañaba aos populares lucenses nun paseo electoral pola rúas da cidade da muralla e nos mítines de Rábade e Guitiriz, hoxe o programa foi semellante pero na comarca da Mariña.

Nun paseo por Viveiro, con José Manuel Balseiro e demáis dirixentes e integrantes da candidatura, Ana Pastor, instou a tódolos galegos a acudir o vindeiro domingo día 21 de outubro as urnas e depositar o voto para o proxecto político popular.

“Votar a Alberto Núñez Feijóo significa continuar na liña da austeridade, estabilidade, paga-lo que se debe, non gastar máis do que temos e, sobre todo, priorizar o importante, como é a política social, á que se destina más do 50% do orzamento”- manifestou.

Logo dun paseo polas rúas de Viveiro, os populares trasladáronse a Barreiros, lugar onde se incorporou o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, para participar nun xantar, e ao mesmo tempo, encontro de traballo, con mulleres da comarca da Mariña.

Nun abarrotado salón, con preto de 200 asistentes, os populares apostaron por compartir opinións e suxestións de cara a dar unha mellor resposta aos retos do día a día para unha maior e mellor presencia feminina en tódolos ámbitos da vida social e profesional.

Os populares lucenses quixeron amosar o seu convencemento de que avanzar na igualdade de oportunidades é progresar na configuración dunha sociedade máis equilibrada e solidaria e apostaron por compartir opinións e suxestións de cara a dar unha mellor resposta aos retos do día a día, na procura dunha maior e mellor presenza feminina en tódolos ámbitos da vida social e profesional.

Concluíron Ana Pastor, José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro facendo un chamamento a que homes e mulleres se sumen ao proxecto compartido de construír un mundo máis solidario, máis equilibrado e sen discriminacións e tamén a multiplicar esforzos e recursos para poñer en valor o excelente traballo que están a desenvolver as mulleres, coa súa cada vez maior presenza -en moitos casos por riba do colectivo masculino- en ámbitos como a política, a xestión das administracións públicas, ou na participación activa dentro dos colectivos sociais.

“Mentras o PP arranxa os problemas herdados, coma o de ALCOA, outros sembran medo para arañar votos”

. Os populares tacharon ao señor Vázquez de desleal coa Mariña e con Galicia por xerar medo entre os afectados de ALCOA cando a problemática xa a arranxou o Ministro de Industria

A Mariña, 14-10-2012.- Nun mitin en Burela e San Ciprián, os populares insistiron na importancia de acudir o vindeiro 21 de outubro as urnas e votar por un único líder que non é outro que Alberto Núñez Feijóo.

Falaron os populares de ALCOA, centrándose na boa xestión do Goberno Nacional e Autonómico con respecto a esta factoría e aseguraron que aos socialistas moléstalles que haxa problemas, pero tamén lle estorba que se arranxen.

Tacharon a Pachi Vázquez de candidato incomprensible e afirmaron que quen pode arranxar e solucionou a problemática de ALCOA foi o Partido Popular, malia a ser un problema ocasionado e herdado por un goberno socialista.

Lembrou José Manuel Balseiro que foi o Ministro de Industria quen solucionou esta problemática asinando unha orde que moi cedo se publicará no BOE e lamentou que como de costume o Señor Pachi Vázquez prefire sembra-lo medo entre os afectados e arañar votos, e calificouno de político desleal coa Mariña e con Galicia.

Con respecto aos bos resultados que auguran as enquisas, tanto José Manuel Balseiro como Ana Pastor, foron prudentes na valoración.

“É importante que haxa unha tendencia clara que demostra que unha maioría ampla de galegos confía en nos pero evitamos calquera indicio de triunfalismo ou relaxación; os resultados veraces veranse o vindeiro 21 de outubro”- afirmaron.

Con respecto ao resultado das enquisas, os populares afirmaron que é un reforzo ao traballo que o PP veu facendo dende o comezo da campaña; “un traballo co que continuaremos para que os indecisos acudan as urnas o 21 de outubro e depositen o seu voto para Alberto Núñez Feijóo o único líder preocupado polos galegos e polos seus problemas”- concluíron.

“Uns traballamos en positivo pactando cos galegos, outros traballan en negativo pactando entre eles”

. Aseguraron que se nas pasadas eleccións os galegos non quixeron un bipartito polo seu mal funcionamento, non poden querer agora un pentapartito

Mondoñedo, 14-10-2012.- Mondoñedo puxo o punto e final na maratoniana xornada de mítines dos populares na Mariña. A Presidenta do PP local e Voceira dos populares, Elena Candia, José Manuel Balseiro e Ana Pastor foron os encargados de intervir nunha casa da xuventude abarrotada de asistentes.

Resaltaron os populares a xestión de Alberto Núñez Feijóo, quen na mitade dunha crise económica sin precedentes foi quen de controlar as contas públicas, blindar o gasto social e manter un diferencial de paro por debaixo da media estatal.

Na casa da xuventude, Elena Candia, José Manuel Balseiro e Ana Pastor afirmaron que se no ano 2009 os galegos non quixeron un bipartito polo seu mal funcionamento, non poden querer agora un pentapartito.

“Fronte á opción do PP, temos un pentapartito, un conxunto de correntes políticas con ideoloxías distintas e que agora se unen cun único obxectivo: traballar, a base de enganos e manipulacións, contra o Partido Popular”- manifestaron.

Alertaron os populares do perigoso que sería un goberno destas características para Galicia e afirmaron que a diferenza destos partidos, cuxo único afán é traballar en contra do PP, “os populares traballamos en positivo, cun único obxectivo, que non é outro que a preocupación por Galicia e polos problemas dos cidadáns”- afirmaron.

Exit mobile version