Site icon Crónica3.com A Mariña

O ex alcalde de Burela, Alfredo Llano, tomou posesión como deputado provincial do PSOE

No Pleno de hoxe tomou posesión como Deputado provincial o burelés Alfredo Llano García, actual voceiro socialista no Concello mariñán e ex alcalde da localidade. Llano toma o relevo de José Ramón Val Alonso, quen, tras concorrer como número tres na candidatura do PSOE por Lugo ás eleccións galegas, ocupará un escano no Parlamento autonómico.

Coa incorporación de Alfredo Llano mantense a elevada cota de representación da Mariña no Goberno e na Corporación provincial, unha sinal máis da gran importancia que o Executivo de Gómez Besteiro lle dá á comarca, tendo en conta que concentra un terzo do PIB lucense. A presenza de Llano na Corporación súmase á doutros dous mariñanos, que, ademais, ocupan postos de alta responsabilidade no Goberno: Antonio Veiga, Vicepresidente, e Lara Méndez, Vicepresidenta Segunda.

Exit mobile version