Site icon Crónica3.com A Mariña

Alternativa Galega de Esquerda na Mariña convoca en Ribadeo o primeiro Foro local de AGE

Primeira convocatoria cidadá da Alternativa Galega de Esquerda na Mariña convoca a

Este mércores, ás 20:00 horas, a cafetería Cantón de Ribadeo acollerá o primeiro Foro local de AGE – A Mariña. Trátase de comezar a andar o camiño á democracia participativa que entendemos que recibiu un importante respaldo cidadán nas pasadas eleccións do 21 de Outubro.

O obxectivo deste primeiro foro, aberto a toda a cidadanía, é recoller as principais inquedanzas dos ribadenses, definir os obxectivos, métodos e estruturas de traballo e periodicidade de este Foro local, os contactos que imos manter con asociacións locais e os mecanismos precisos de transparencia e control democrático.

Estes Foros locais terán lugar en todos os Concellos onde a cidadanía se agrupe para crealos, e as súas propostas e solicitudes, unha vez elaboradas, serán transmitidas de xeito directo polos seus propoñentes ao representante provincial de AGE no Parlamento, Ramón Vázquez, en xuntanzas abertas de ámbito comarcal.

Desde AGE – A Mariña, convencidos de que sen transparencia e participación directa non hai auténtica democracia, chamamos á veciñanza da nosa comarca a implicarse en primeira persoa na creación e funcionamento de Foros locais en todos os concellos, coa finalidade de sementar en todos eles este novo xeito de facer política.

Coordinadora Comarcal de Alternativa Galega de Esquerda – A Mariña

Exit mobile version