Site icon Crónica3.com A Mariña

Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) pecha a precampaña cun acto na praza da Mariña en Burela

ACTO DE PECHE DE PRECAMPAÑA DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS NA MARIÑA

O vindeiro xoves día catro de outubro dará comezo oficialmente a campaña electoral. A Alternativa Galega de Esquerdas na Mariña (AGE da Mariña) fará o seu acto central de peche de precampaña ás 20 horas na Praza da Mariña de Burela. Neste evento incentivarase á participación de tódolos cidadáns, de calquer idade, que así o queiran facer, mediante a recollida de debuxos ou frases en distintos soportes de papel, material facilitado por AGE da Mariña, e que posteriormente se ha de empregar na colada das 12:00horas, momento no que dará lugar oficialmente a campaña electoral, naqueles espazos destinados a tal efecto espallados polas distintas localidades da bisbarra.

Exit mobile version