Site icon Crónica3.com A Mariña

Ao PP non lle gustou a visita do secretario xeral do PSOE a Alcoa

Tralas visitas do Señor Rubalcaba e Pachi Vázquez a provincia

O PP asegura que os anuncios dos socialistas son para delatarse de que están “rabiosos” pola boa xestión e logros acadados por Núñez Feijóo

. Aseguran os populares que ao PSOE non lle importa Galicia, lembran que Pemex manifestou a firmeza dos contratos

.No tocante a ALCOA, di o PP que os socialistas foron os culpables da situación que atravesa esta factoría, e é agora un Goberno Popular o que se preocupa por arranxar a situación

Domingo, 7 de outubro de 2012.- “Cada vez que un socialista acude a nosa Comunidade é para mentir, demostrar o pouco que lle importa Galicia e para mostrar a súa rabia por non conseguir o que outros conseguiron”- manifestan os populares logo das declaracións do verquidas polo Señor Rubalcaba e Pachi Vázquez na provincia de Lugo.

O PP asegura que tanto Rubalcaba como Pachi Vázquez están rabiosos pola boa xestión, esforzo e traballo de Alberto Núñez Feijóo, quen conseguíu, en menos de catro anos, para Galicia o que o seu partido non conseguíu en sete.

Falan os populares das declaracións verquidas por Rubalcaba na provincia no que atinxe a Pémex. Afirma o PP que os socialistas, cada vez que falan, é para delatarse eles mesmos que non lles importa Galicia.

Critican os populares que o Señor Rubalcaba veña a provincia lucense a mentir no tocante a Pémex e Alcoa e lémbranlle que o Presidente de Navantia xa ratificou que o contrato con Pemex é firme, que non ten marcha atrás e que son plenamente válidos cos estaleiros galegos.

Din os populares que cada día que pasa, queda máis patente que a PSOE e BNG molestoulles que o Presidente Feijóo lograse os contratos de Pemex. Porque a oposición quería un naval afundido co que poder facer electoralismo barato. E como xa non pode, entón queren que non se fale do histórico acordo de Pemex, marean con insidias e insultos e sementan dúbidas.

ALCOA

Por outra banda os populares tamén lanzan duras criticas polo feito de que o Señor Rubalcaba veña a Viveiro a comprometerse a negociar unha tarifa eléctrica para Alcoa.

“O seu partido foi o auténtico culpable de que esta factoría chegase a esta situación. Foi un Goberno popular quen se preocupou pola continuidade da factoría e polos seus traballores, quen non lle dou as costas”- afirma o PP, quen lembra que foi o Ministro de Industria quen viaxou a Mariña e anunciou o seu firme compromiso para que Alcoa teña unha tarifa competitiva a partir do próximo 1 de xaneiro que permita ás factorías de Galicia manter a súa actividade.

Con respecto ao anuncio emitido polo Señor Pachi Vázquez en Vilalba, de crear un plan para dar emprego a 6.500 mozos cada ano, os populares insisten en que foi xustamente o seu partido quen nos levou a esta situación de crise, quen provocou un número de mozos parados nunca visto en España e ven agora afirmando que vai xerar emprego.

Instan os populares ao Señor Rubalcaba e Pachi Váquez a que deixen de mentir, manipular e lanzar mensaxes ficticios e que lle expliquen aos cidadáns das localidades que visitan a súa mala xestión, mentiras e manipulacións que levaron a cabo nos sete anos de goberno.

Exit mobile version