Site icon Crónica3.com A Mariña

Arturo Vigo marcouse unha xornada de bolos espectacular no centro social de Monte

XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 –  IVª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2012/2013)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 3ª  TIRADA

(Centro Social de Monte – Sábado, 20 de outubro 2012)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE MONTE   (  20 OUTUBRO 2012)

34   INSCRITOS:    20 NA LIGA SENIOR,   5   NA LIGA SUB 18   E    9   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 341 12
SEGUNDO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 266 10
TERCEIRO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA 251 8
CUARTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 248 7
QUINTO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 242 6
SEXTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 230 5
SÉTIMO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 225 4
OITAVO CARLOS JAVIER ORDRÍGUEZ CASABELLA 223 3
NOVENO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 222 2
DÉCIMO JOSE VIGO LAGE 210 1
MELLOR BOLADA ARTURO VIGO CASABELLA 98 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 135 6
SEGUNDO DANIEL LÓPEZ FERNÁNEZ 132 4
TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 111 3
CUARTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 48 2
QUINTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO 46 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 53 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 154 6
SEGUNDO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 125 4
TERCEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 117 3
CUARTO BELÉN MEITÍN ROUCO 114 2
QUINTO LEONOR CASABELLA  RODRÍGUEZ 96 1
MELLOR BOLADA CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 62 1

Tarde soleada e moi agradable. Boa participación en xeral (34 inscritos nas 3 categorías), pero inda pequena na Sub 18 con só 5 inscritos, moi poucos para o que nos gustaría.

Liga Senior Masculina.- O vixente campión Arturo Vigo marcouse unha xornada sencillamente espectacular, índose aos 341 tantos, o que fai unha media de 85 tantos por tirada; non é de extranar, xa que nos 4 desquites, dun máximo de 120 tantos (30+30+30+30), conseguiu 114 (30+30+24+30). Conseguiu ademáis a mellor bolada con 98 tantos, que pode aspirar a ser a mellor do campionato. Con este resultado ademáis ponse líder con 18 puntos, seguido de Sócrates Campo con 16, Carlos Javier Rodríguez con 15, César Cancelos con 14, etc.

Liga Senior Feminina.- Victoria de Concepción Piñeiro, quen sumou ademáis a mellor tirada. Conchita impúxose con claridade con 154 tantos ao resto de competidora: Salómé Bermúdez 2ª con 125, Dolores Baño 3ª con 117 e Belén Meitín 4ª con 114. A vixente campiona Carmen Roca non tivo o seu día e non foi siquer capaz de puntuar. Na clasificación empatan Belén Meitín e Concepción Piñeiro con 9 puntos, seguida de Dolores Baño con 7. Inda é moi pronto para salientar a alguén nesta categoría, pero á terna que dominou nestes último anos (Carmen, Dolores e Belén) pódese sumar este ano Concecpión Piñeiro, xa que pensamos que mellorou moito o seu xogo e que creceu como xogadora.

Liga Sub 16.- Pouca participación nesta Liga; a ver se nas vindeiras tiradas podemos sumar algún neno/a e rapaz/za máis. Victoria de Isaias Cardoso que fai que comparta subliderato coa súa irmán  Salomé. Daniel López mantense líder grazas aos 4 puntos acadados nesta tirada.

A vindeira tirada (4ª) vai desenvolverse este vindeiro SÁBADO 27 DE MAIO NA BOLERA DO  CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE. Pero non vai ser a única competición deste fin de semana, xa que o DOMINGO 28 DE MAIO NA BOLERA DO CLUB SOCIAL DE PALMEIRO imos recuperar a tirada que debía haberse celebrado o o pasado 13 de outubro, pero que se aprazou debido ao desprazamento do Club de Bolos Xove ao Campionato de España de Bolo Celta en categorías xuvenil, feminina e veteranos celebrado en Tineo, Asturias.

Exit mobile version