As bibliotecas celebran o seu día expedindo carnés de socio infantís cun deseño especial
-Con esta iniciativa a Concellería de Cultura quere fomentar o achegamento ás bibliotecas municipais
-O alcalde, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Begoña Alonso, estiveron no CEIP Cervo entregando os impresos que dan dereito aos pequenos a obter o carné infantil
Para conseguir este carné exclusivo, os escolares terán que cubrir os impresos que no día de hoxe repartiron as técnicos de Cultura e achegarse ata unha das dúas bibliotecas. Unha vez entregada a solicitude xunto cunha foto, os cativos e cativas recibirán un carné colorido e con motivos relacionados cos libros elaborado especialmente para eles e que os diferenciará dos adultos. O único requisito para obtelo é doar un libro á biblioteca. Ao tratase dun carné infantil, terá vixencia ata que o socio remate a educación primaria.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Begoña Alonso, estiveron este mediodía na biblioteca do CEIP Cervo para participar na entrega deses impresos que dan dereito a obter o carné infantil especial. Unha iniciativa coa que o Concello quere “animar e invitar a los niños y niñas cervenses a entrar en la biblioteca, a conocerla, a acercarse a ella, para que empiecen a verla como un lugar atractivo y divertido” explica a edil de Cultura, Begoña Alonso. “Consideramos que es una buena forma de provocar un contacto directo de los escolares con las bibliotecas” e, ao mesmo tempo, “fomentar la lectura, ya que una vez que sean socios, podrán retirar libros a través del servicio de préstamo y leerlos con tranquilidad en su casa” engade Alonso.
A concelleira explica que ler “es muy positivo para el desarrollo intelectual del niño, es muy entretenido, estimula su imaginación, su capacidad de comprensión, comunicación y concentración” entre outros moitos beneficios. A efeméride que se celebra hoxe é moi importante, segundo a edil, xa que “permite poner el foco de atención en las bibliotecas y darles protagonismo para recordar a la sociedad que son un servicio del que disponemos y del que podemos disfrutar mucho más de lo que lo hacemos”.
No municipio de Cervo existen dúas bibliotecas, unha na capital cervense e outra en San Ciprián, ambas con servizo de préstamo e punto de lectura cun total de 3.100 títulos dispoñibles na sección de infantil e xuvenil. Un amplo catálogo que permite ao usuario elixir segundo a súa idade e o xénero que máis lle guste. En canto ao número de socios de todas as idades, sitúase nos 600 entre ambas bibliotecas.