Site icon Crónica3.com A Mariña

As orquestras Abanico, Tekila, Montes e Garibaldi amenizarán as festas patronais de Vilaestrofe en Cervo

A COMUNIDADE DE MONTES DE VILAESTROFE, DO CONCELLO DE CERVO, ORGANIZA OS VINDEIROS DÍAS 12 E 13 DE OUTUBRO ÁS FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA DE SAN ROMÁN DE VILAESTROFE.

Os preparativos darán comezo o mércores día 10, coa confección da alfombra floral no recinto da Igrexa, na que participan os propios veciños na elaboración.

Os actos festivos comezan o día 12, día do Pilar, cunha misa ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida a continuación da sesión vermú coa orquestra “Abanico”. As 22:30 horas dará comezo a verbena coas orquestras “Abanico” e “Tekila”.

O día 13, celebrarase a misa ás 13:00 horas, na honra á Virxe do Carme, tamén cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación sesión vermú coa orquestra “Montes”. As 22:30 horas dará comezo a verbena coas orquestras “Montes” e “Garibaldi”.

O lugar de actuación das orquestras será o pavillón de deportes da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, acondicionado acústicamente para a celebración destes eventos. Asimesmo, disponse de amplos aparcamentos de carácter gratuito.

A Comunidade de Montes de Vilaestrofe quere agradecer a tódolos veciños e entidades que fán posible que estas Festas de San Román de Vilaestrofe sexan unha realidade.

Exit mobile version