síntome triste.
Sigo lendo que van vir os técnicos do obispado para valorar o que se pode
facer. Espero que o amañen, pero non a conta dos cidadans, senon da igrexa.
Xa está ben de “ agasallos “ Estamos nun estado aconfesional, anque non
o pareza, e a igrexa non paga o IBI, dálle o goberno 10.000 millóns de
euros, que nos tempos que estamos e moito dar, e aínda por riba lles amañan
os edificios. Dánse conta que asiña apareceron 9.000 euros para a fachada
da Igrexa de Vilanova?
Eu quería aproveitar a visita deses técnicos, e suxerirlles pasaran pola
igrexa de San Xorxe, onde parece que tratan de arranxar o tellado do adrio,
pero non queren meter nese amaño o chan do mesmo. Boeno non todo, un
rectángulo que puxeron de cemento, algo pouco apropiado, pois todo o demais,
tanto na igrexa, coma no adrio está de lastras de pedra, moito mais bonitas
e adaptadas.
Tamén lles suxiro outra visita. Hai unhos días estiven na capela de San
Marcos, na Cadeira, e quedei abraiado co que vin. Azulexos no zócalo, coma
se fose un bañeiro ou un matadoiro de pitos. Pero quen controla o que fan os
responsables? destas construccións? Acordeime do Ecce Homo en Borja, e
doutra igrexa por Irixoa que lle puxeron un tratamento anticarcoma a un
artesonado moi valioso, a base de aceites e gasóleo, que non era o axeitado
para o caso.
Non debería haber un protocolo de actuación para que os párrocos non
puideran facer nada, sen supervisión de técnicos e persoal cualificado?
Cantas cousas se podían facer millor neste país, simplemente, aplicando o
sentido común, non lles parece?
Lourenzo