Site icon Crónica3.com A Mariña

A AVV O Tesón de Ribadeo comeza un ciclo de catro actividades de cine forum “Novelando a presión social”

A AVV O Tesón comezará o próximo venres 9 de novembro de 2012 un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de ‘Novelando a presión social’.

As catro películas elixidas, La ola, Network, Un mundo feliz e El Acorazado Potemkin, que serán proxectadas por esa orde os venres sucesivos do mes de novembro, son mostras de diferentes facetas de evolución da presión sobre e dende a sociedade.

O ciclo, en cada unha das catro semanas, terá o mesmo esquema de actuación: repartirase unha pequena introducción e comentarase, haberá o pase da película e logo o foro de comentario de ideas e sentementos sobre o desenvolvemento da mesma e a evolución social.

O desenvolvemento será no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, á mesma hora os catro venres, as 20:00. A actividade é de participación libre e gratuíta.

Lémbase que ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación veciñal, este desenvolverase en catro fins de semana seguidos. As próximas proxeccións terán lugar os venres 16, 23 e 30 de novembro.

Exit mobile version