Site icon Crónica3.com A Mariña

Caravana de políticos

Caravana de políticos

A verdade que quedo atónito ver o concepto que teñen os políticos da cidadanía, e digo políticos, de calquera cor, o mesmo de esquerdas que de dereitas.

E comezo así porque non concibo coma poden ser tan soberbios da pensar que non temos memoria, peor aínda, o que máis sinto e que nos teñan por uns autómatas que non sentimos ni pensamos. Porque si non, non entendo as estratexia dos partidos políticos. Me explico

Uns foron estes días visitar as industrias de Maderas Vilapol de Trabada e Costiñas en Alfoz, coma e evidente fotografías en primeira páxina, da prensa, moi ben alicatados con seus cascos, chalecos e os anfitrións dándolles as explicacións técnicas pertinentes.

Os outros foron tamén visitar a Cooperativa Os Irmandiños en A Devesa (Ribadeo)a mesma fotografía pero con colares políticos distintos, pero a técnica a mesma. Hasta repártense os campos de xogo.

Istes tamén se reuniron co Comité de Alcoa, e por suposto coa correspondente fotografía.

Ben, eu pregunto, ¿ A FÁBRICA MUEBLES HERMIDA de Lourenzá, non existe?. ¿A foto visitando esta FÁBRICA, non vende?. ¿O comité de MUEBLES HERMIDA, NON EXISTE?. Pois anque pensedes que estes empregados non contan, son votantes, persoas, país e nais, familias, e non mostrades o mínimo interese dos seus problemas, nin en épocas de eleccións, NIN UNS, NIN OUTROS, ¡¡NADIE!!. Políticos da comarca da Mariña de Lugo, seguro que o sabedes, pero por si a caso recordovos que os traballadores, (Non sei si todos) da FÁBRICA DE MUEBLES HERMIDA DE LOURENZÁ , ¡¡ AS SÚAS NÓMINAS LEVAN ATA RETRASOS DE 2 MESES, E COMEN TODOS OS DÍAS”

Penso que tiñan que ter o mesmo trato que as demais industrias da Comarca.

E seguro que a maioría dos traballadores de Lourenzá vaian a votar o 21 de outubro. Lanzo unha pregunta a estes políticos. ¿“ Quen siglas políticas merecen os seus votos”?.

Os políticos están a lo menos, para intentar solucionar os problemas da cidadanía, ser máis cercanos con todos e, todo o ano.

Máis coherencia “ SEÑORIAS”.

Arturo Gumiel Pérez

Exit mobile version