O Punto Limpo de Cervo construirase nun prazo de 4 meses
-A Xunta vén de adxudicar a construción desta infraestrutura por un importe de 256.000 euros
Cervo, 19 de outubro de 2012-O Punto Limpo de Cervo está máis cerca de ser unha realidade. A Xunta de Galicia acaba de adxudicar as obras para a construción desta infraestrutura no polígono de Cuíña por un importe de máis de 250.000 euros, achegados ao 100% pola Consellería de Medio Ambiente. A empresa que se encargará dos traballos é Vipeca obras y servicios, que prevé rematar as obras nun prazo de 4 meses e unha semana.
Tal e como estaba previsto, o Punto Limpo construirase no polígono de Cuíña, e situarase nunha parcela de titularidade municipal cunha superficie de 11.250 metros cadrados, dos cales 1.638 destinaranse a esta dotación medioambiental, segundo datos achegados pola Oficina Técnica do Concello. Este é un servizo “muy necesario” no concello de Cervo, xa que “permite hacer una óptima gestión de los residuos” explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso. En concreto, neste punto depositaranse todos aqueles residuos que polas súas características ou composición non se poden botar nos contedores tradicionais.
En termos xerais, pódense levar materiais contaminantes ou de moito volume, polo que, con esta instalación “se consiguen varios objetivos, como son evitar los vertederos incontrolados, garantizar el correcto almacenaje y tratamiento de los residuos, especialmente de los peligrosos, y fomentar el cuidado del entorno natural y del medio ambiente”, engade Alonso.
A concelleira agradeceu á Xunta que dera os pasos necesarios para dotar ao concello deste servizo, que permitirá aos cidadáns “disponer de un punto fijo en el que depositar esos residuos voluminosos o contaminantes con total seguridad y confianza de que recibirán un tratamiento oportuno y adecuado a sus características específicas”.
En outubro do ano pasado, responsables municipais do Concello e técnicos da Consellería de Medio Ambiente reuníranse para fixar o lugar exacto no que se construirá esta infraestrutura. No mes de maio, a Consellería sacaba a licitación esta obra e, despois de superar todos os trámites necesarios, produciuse a súa adxudicación.