Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou a actividade na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo con 270 alumnos e 14 materias

HOXE COMEZOU A ACTIVIDADE ACADÉMICA DO CURSO 2012/13 NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO. E FAINO CON 270 ALUMNOS E ALUMNAS MATRICULADOS E 14 MATERIAS A IMPARTIR.

Ribadeo, 1 de outubro de 2012. A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo comezou a súa actividade académica correspondente ao curso 2012/2013 este luns, 1 de outubro. Faino cunha matrícula de 270 alumnos e alumnas, 14 materias a impartir e outros tantos profesores e profesoras.

O director da EMMeD, Hugo García Presno, dixo que “estamos moi satisfeitos porque o número de matrículas mantense estable nos últimos anos, o que nos demostra que o traballo que se fai na Escola está sendo positivo, a xente está contenta, repiten e animan a novos alumnas e alumnas a formar parte do centro”.

No horizonte destes nove meses de curso que ten por diante a EMMeD de Ribadeo

hai programadas un feixe de actividades, dende os clásicos festivais de Santa

Cecilia, Nadal, a charanga de Entroido, o fin de curso ou os concertos didácticos ata novas propostas que se irán anunciando ao longo dos meses e que manterán a liña de transversalidade e colaboración con outras entidades dos últimos anos. “A idea é facer da EMMeD de Ribadeo un centro vivo e conseguir que as alumnas e

alumnos non só aprendan conceptos musicais teóricos senón que teñan oportunidade de amosalos enriba dun escenario, que podan compartir experiencias

con xente doutras escolas, participar en actividades que vaian máis aló da música e que incorporen a igualdade, a solidariedade, a convivencia…”, comenta Hugo

García.

O director da EMMeD amosou tamén o seu agradecemento ao Concello de Ribadeo, en especial á súa Delegación de Cultura, polo “apoio amosado en todo

momento ao traballo da EMMeD. Resulta moi alentador contar con este respaldo ao noso traballo máxime cando vemos que outros centros pechan por falta de apoio institucional ou teñen que recorrer á privatización para poder seguir adiante”.

Malia que o curso xa está iniciado aínda se mantén aberto o prazo de matrícula para todas as persoas que queiran inscribirse na EMMeD de Ribadeo.

Exit mobile version