Lugo, 11 de outubro de 2012. O cabeza de lista de Compromiso por Galicia, Iván Marrube, afirma que a liberalización do dique norte da factoría Alcoa, de San Cibrao, e a súa utilización como porto comercial “suporía a creación de uns cen postos de traballo. Sería unha importantísima infraestructura loxística que, cun pequeno inverstimento productivo, axudaría a enriquecer de forma moi importante a comarca. Sería un gran atractivo para a implantación de empresas loxísticas na Mariña”.
Iván Marrube estivo xunto ao dique norte de Alcoa acompañado polo número 6 da candidatura de CxG por Lugo, Brais Preto, e explicou que “ter un porto comercial co potencial necesario contribuiría de forma contundente ao crecemento económico e laboral da comarca, igual que axudaría de forma importante a moitas empresas xa implantadas na zona, como son as do sector forestal que ven moi limitadas as exportacións polo pouco calado que teñen os portos da Mariña que usan actualmente”.
Marrube considera que os gobernos “deben apostar de forma contundente por investimentos productivos que xeren riqueza e creen postos de traballo e máis tendo en conta a situación actual”.
Ademais, “a liberalización do dique norte antes do remate do contrato que o Estado ten con Alcoa podería seu unha contrapartida para que o Goberno Central lle ofreza á multinacional unha tarifa eléctrica competitiva, co cal A Mariña sairía dobremente beneficiada” afirmou Iván Marrube.