Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia está sorprendida da aceptación social do seu proxecto

IVÁN MARRUBE CONCORRE A ESTAS ELECCIÓNS CUNHAS EXPECTATIVAS MOI GRANDES E ASEGURA ESTAR SOPRENDIDO “DA ACEPTACIÓN SOCIAL QUE ESTÁ A TER O NOSO PROXECTO”.

Lugo, 4 de outubro de 2012. O candidato de Compromiso por Galicia en Lugo, Iván Marrube, asegurou esta noite que concurre a esta cita electoral “cunhas expectativas moi grandes, xa que somos un partido serio, responsable, traballador, que aspiramos chegar a un grande espectro de votantes”.

Marrube dixo que “incluso nós mesmos nos estamos a sorprender da grande aceptación social que está a ter o noso proxecto, o noso compromiso, a nosa forma de traballar”. O candidato de C x G engadiu que “nós aspiramos a obter a máxima representación no Parlamento de Galicia, sen poñernos en ningún caso un teito”.

Iván Marrube facía estas declaracións en Santiago de Compostela onde participou na pegada de carteis xunto aos compañeiros das outras provincias e do candidato á presidencia da Xunta, Xoan Báscuas. O candidato lucense de C x G viaxou despois a Lugo para compartir o inicio da campaña electoral cos membros da súa candidatura.

Mañá venres, 5 de outubro, Iván Marrube estará na praza Maior de Lugo e nos seus arredores a partires das 12 do mediodía, repartindo propaganda e facéndolle chegar as súas propostas aos cidadáns. Xa pola noite ás 21 horas en Alfoz participará nun mitín no salón de actos do centro sociocultural xuvenil e da terceira idade. Alí estarán tamén Brais Preto, Farruco Graña e Rocío López.

Exit mobile version