Cuarta vitoria consecutiva do Burela FS Feminino, que conserva o liderado
Non houbo máis goles, a pesar de que durante o segundo tempo as xogadoras laranxas tiveron as suficientes ocasións como para facer varios goles máis. O Soto del Real deixábase facer e só os paus evitaron a goleada. Aínda así, as visitantes aventuráronse a xogar con porteira xogadora nos últimos minutos, pero o atrevemento non tivo máis resultado que a cuarta vitoria do curso para as de Pardeiro, que conservan o liderado.