IVÁN MARRUBE, QUE HOXE ESTIVO EN FOZ E NA TERRA CHA, APOSTA POR APOIAR AOS PRODUCTORES DE LEITE PARA EVITAR A QUEBRA ECONÓMICA DE MOITAS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS.
Iván Marrube explicou que dende Compromiso por Galicia “imos apostar de forma inequívoca e contundente polo tecido productivo que temos na provincia. É moi importante, ten moita potencialidade, por exemplo o sector lácteo, que crea miles de postos de traballo e que está a punto de quebrar debido a que os gobernos e institucións danlle as costas totalmente”.
Marrube e a número dous da candidatura, Rocío López Pacio, explicaron que “un dos problemas graves é o baixo prezo que se paga ao productor polo leite, porque Galicia é o territorio do Estado onde menos cobra o gandeiro, 27 céntimos por litro, mentras que os custes de producción non baixan dos 36 céntimos. Ademais algunhas empresas lácteas teñen atrasos de ata 3 meses no pago aos gandeiros”.
Compromiso por Galicia considera que “se debe apoiar aos sectores productivos como fonte de creación de emprego para á saída da crise”.
En Foz os candidatos de Compromiso por Galicia aproveitaron para explicarlles e expoñerlles aos veciños algúns dos puntos máis destacados do seu programa. Un deles será ampliar o permiso de maternidade a 6 meses e o de paternidade a 1 mes.