Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG está a loitar porque se produza un cambio real en Galicia, asegura o candidato de Compromiso por Galicia en Lugo

IVÁN MARRUBE SINALA QUE “CxG ESTÁ A LOITAR PORQUE SE PRODUZA UN CAMBIO REAL EN GALICIA”.

Lugo, 5 de outubro de 2012. Varios membros da candidatura de Compromiso por Galicia en Lugo repartiron esta mañá propaganda na praza Maior desta cidade e fixéronlles chegar aos cidadáns as súas liñas de actuación.

Iván Marrube, o cabeza de lista por Lugo, dixo que “hoxe estamos aquí por Lugo presentándolle o noso proxecto á xente, facendo un reparto do noso programa, e escoitandos aos veciños e ás veciñas, tal e como di o noso lema de campaña somos a voz da xente, somos a túa voz”.

Marrube engadiu que “lles estamos a presentar as nosas liñas de actuación e estamos a percibir con moita ilusión o apoio que estamos a ter da xente e loitando porque se produza un cambio real en Galicia”.

O cabeza de lista por Lugo de CxG participará esta noite, a partires das 21 horas, nun mitín en Alfoz.

Exit mobile version