Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG afirma que un goberno que aposte polos sectores produtivos pode conseguir o pleno emprego

IVAN MARRUBE AFIRMA QUE CUN GOBERNO QUE APOSTE POLOS SECTORES PRODUCTIVOS CON INVESTIMENTOS PÓDESE CONSEGUIR O PLENO EMPREGO NA PROVINCIA. O CABEZA DE LISTA DE CxG VISITOU HOXE BARRIOS DA CAPITAL E TAMÉN A ZONA SUR.
http://www.youtube.com/watch?v=r7uGYY7DpVI
Lugo, 10 de outubro de 2012. O cabeza de lista de Compromiso por Galicia en Lugo, Iván Marrube, visitou hoxe varios barrios da capital onde repartiu información e falou con numerosos veciños. Despois desprazouse á zona sur da provincia e dende Monforte de Lemos salientou a importancia dos sectores productivos e afirmou que cun goberno que aposte por eles podería lograrse o pleno emprego en Lugo.

Iván Marrube anunciou que Compromiso por Galicia “apostará de forma decidida e contundente polos sectores productivos que temos na provincia, que é eminentemente rural e temos moita potencialidade en sectores como o pesqueiro, o agrario, o lácteo, o vinícola…”.

Marrube considera que “cun goberno que aposte realmente e de forma dedicida por eles, facendo investimentos productivos que xeren riqueza, podemos conseguir o pleno emprego na provincia, incluso sen ter en conta as actividades industriais, que tamén son importantes”.

Ademais entre as medidas que leva no seu programa Compromiso por Galicia está a de facilitar crédito a autónomos e PEMES a través do Instituto Galego de Crédito Público.

O cabeza de lista de CxG para a provincia de Lugo refiriuse a estes e a outros asuntos nas intervencións que tivo este mediodía nas emisoras lucenses de Onda Cero e ABC Punto Radio e tamén en Radio Principal Cadena Ser, de Monforte de Lemos.

Iván Marrube estará esta noite en Monterroso ás 21 horas xunto a Rocío López e Xosé Anxo Laxe no mitín de Compromiso por Galicia. Será no salón de actos da Casa da Cultura.

Exit mobile version