Site icon Crónica3.com A Mariña

Dobre acerto para os xuvenís do Burela FS

DOBRE ACERTO PARA OS XUVENÍS

A segunda xornada deixou dobre acerto nas visitas do Burela FS Pescados Rubén tanto na Liga Nacional coma na Autonómica, con 0-2 para os primeiros sobre O Esteo FS e 3-4 para os segundos na temida pista do Parrulo.

En Nacional, os pupilos de Iván Cao ‘Lucas’ demostraron un dominio total e absoluto do encontro; os erros na finalización dos laranxas e as aparicións oportunas do meta do Esteo evitaron que a vantaxe fose máis avultada. O Burela FS abriu o marcador no minuto 12, nunha falta de Fabio, e o 0-2 definitivo foi autoría de Ángel, no 35.

Máis concentración precisou o conxunto de Cristian Fustes para arrebatarlle o resultado ao difícil O Parrulo. Os xuvenís de Autonómica amosaron a súa superioridade en ataque, pero tamén en defensa, freando as envestidas do xogo de cinco durante os últimos oito minutos; o 3-4 chegou a falta de un minuto e medio para o asubío final. Giovanne, Bruno por partida dobre e Rubén anotaron os goles laranxas.

O conxunto cadete, que arrincará a Liga Autonómica esta fin de semana coma o Burela FS Infantil, volveu impoñerse no seu segundo amigable do curso, sobre o ED Mondoñedo (2-4).

Liga Nacional Xuvenil
O Esteo FS 0-2 Burela FS

Liga Autonómica Xuvenil
O Parrulo FS 3-4 Burela FS

Amigable
ED Mondoñedo Cadete 2-4 Burela FS Cadete

Exit mobile version