Site icon Crónica3.com A Mariña

Empresarios de Lourenzá participaron nunha xuntanza coa alcaldesa e acordaron crear unha comisión xestora

EMMA ÁLVAREZ DESTACA A ELEVADA PARTICIPACIÓN NO ENCONTRO MANTIDO NAS ÚLTIMAS HORAS CO EMPRESARIADO DE LOURENZÁ. NA XUNTANZA ACORDÓUSE CREAR UNHA XUNTA XESTORA PARA DIRIXIR OS DESTINOS DO COLECTIVO ATA A CONSTITUCIÓN DUNHA DIRECTIVA.

Lourenzá, 5 de outubro de 2012. A alcalde de Lourenzá, Emma Álvarez, destaca a elevada participación no encontro mantido nas últimas horas co empresariado do municipio. Na xuntanza acordóuse crear unha xunta xestora para dirixir os destinos do colectivo ata a constitución dunha directiva. A primeira reunión será o vindeiro luns, 8 de outubro.

Álvarez Chao explicou que “onte á noite tivemos unha reunión con comerciantes, industriais e autónomos que consideramos, eu e os meus compañeiros do equipo de goberno que estábamos na xuntanza, que foi moi satisfactoria. Antes de nada quixera dar as gracias a cada un deles porque foi moi concurrida, houbo preto de 80 persoas na reunión, foi unha convocatoria moi satisfactoria polo número de asistentes e en canto a contidos tamén”.

A rexedora dixo que “dende os distintos sectores dentro do comercio, da industria e tamén dos autónomos alí representados fixeron unha serie de suxerencias para que o Concello actuara. Esa serie de propostas están anotadas e a partires da semana que ven poñerémonos a traballar xa para poder ir incorporándoas ao noso labor diario”.

Emma Álvarez seguiu a relatar que “a maiores trataouse un tema moi importante para un concello e sobre todo para os comerciantes, que é buscar un ente que os aglutine e que serva de nexo de comunicación e de interlocución co Concello e, xa de paso, con outras administracións. Falouse da antigua Acial e a decisión que se tomou por parte dos comerciantes, que eu valoro moi positivamente, foi facer unha xunta xestora onde están representados seis sectores do noso comercio e autónomos, divididos en hostelería, pequeno comercio, alimentación, industriais, sanitarios e servizos, cun total de 17 persoas voluntarias que se van reunir xa o vindeiro luns pola noite para a partires de aí empezar a sentar as bases para unha nova asociación, para retomar a que xa había ou simplemente para buscar un nexo de comunicación entre o pobo, neste caso comerciantes, autónomos e industriais, e o Concello”.

A alcalde de Lourenza engadiu que “na xuntanza de onte tamén se falou da organización do próximo Antroido, sobre todo dos actos do Domingo de Piñata, que é o día grande deses festexos en Vilanova de Lourenzá”.

E insistiu en que “foi unha reunión moi satisfactoria, darlles as gracias aos comerciantes pola súa resposta e sobre todo animalos a que sigan traballando así. Como é lóxico agora dende o Concello temos que apartarnos e son eles os que deberán sacar adiante, coa nosa axuda dentro do posible, esta nova proposta. Os políticos apartarémonos para que traballen do seu xeito sin estar coaccionados por ninguén”.

Exit mobile version