Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista entende que a aprobación polo Consello de Ministros da modificación da lei de costas é un ataque ao noso ben común natural

Espazo Ecosocialista entende que a aprobación polo Consello de Ministros da modificación da lei de costas é un ataque ao noso ben común natural

A modificación da lei de costas que trala aprobación no consello de ministros de hoxe vai seguir o tramite lexislativo é un retroceso na defensa das nosas costas e abre a man a unha maior especulación sobre as mesma e fomenta de novo a construción irresponsable.

Para os ecosocialistas galegos pouco se pode agardar dunha lei que só fala de usos, autorizacións, obras etc… no canto de protección, cambio climático e nivel do mar, biodiversidade, etc…

Ademais conten dúas eivas fundamentais directamente relacionadas con Galicia:

– Ampliar as concesións de instalacións en dominio público marítimo terrestre noutros 75 anos o que pode afectar directamente a ENCE. Tamén afecta a construcións que están no mesmo ademais de permitir a compra-venta (na lei vixente só permite herdar), polo tanto abre as portas á especulación e supón a privatización de por vida dun espazo público. Isto tamén ten unha derivada: no caso de que o estado quixera recuperar a concesión sairalle infinitamente máis caro xa que a indemnización basearíase sobre eses 75 anos.

– Redución da servidume de protección de 100 a 20 metros en aqueles núcleos que non foron declarados como solo urbano coa anterior lei, dando un prazo de dous anos para que así sexan declarados e abrindo a espita a comezar a declarar solo urbano no litoral.

Por todo isto Espazo Ecosocialista considera necesario frear no tramite parlamentario este atropelo lexislativo. Fai falla que exista unha concienciación cidadá ao respecto e que avancen as posicións políticas coma as que representa nestas eleccións autonómicas a Alternativa Galega de Esquerda.

Exit mobile version