Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista presentou a campaña ‘a alternativa galega reverdece desde a esquerda’

Manterán tres encontros sectoriais sobre sustentabilidade, liberdades e ben común, que contarán coa presenta de parlamentarios de ICV

Espazo Ecosocialista presentou a campaña ‘a alternativa galega reverdece desde a esquerda’

Espazo Ecosocialista que concorre ás próximas eleccións autonómicas na Coalición
Alternativa Galega de Esquerda, presentou os seus obxectivos e eixes de campaña.

Para os Ecosocialistas tratouse sempre, neste proceso de reconstrución política da esquerda nacional e do galeguismo político, de intentar conxugar o urxente (botar ao PP da Xunta de Galicia e frear as políticas de desmantelamento do estado social e democrático, así como o noso xa de por si reducido autogoberno) co necesario (construír a máxima unidade político-electoral que permitira vertebrar unha alternativa ampla e plural da esquerda e do
galeguismo), á vez de atopar un espazo o máis amplo posible desde o cal poder seguir
avanzando no prioritario (a reconstrución da esquerda baixo os parámetros nacionais e de
renovación).
Temos diante de nos dúas tarefas fundamentais: reconstruír o espazo da esquerda nacional
renovadora e conseguir a derrota electoral do PP. Tarefas unicamente posibles de conseguir
desde a máxima unidade posible hoxe representada por Alternativa Galega de Esquerdas.
Estamos convencidos de que a presenza de Espazo Ecosocialista vai facilitar a
incorporación dun necesario sector social cidadá que doutro xeito non se mobilizaría ante
o imprescindible cambio político e vai servir de elemento aglutinador dun espazo da
esquerda nacional renovadora e verde.
Espazo Ecosocialista naceu para incorporar a axenda as cuestións presentes noutras
latitudes e que aquí estaban ausentes (radicalidade democrática, sustentabilidade, xustiza
global, cultura da paz,…) e para construír unha nova forma de entender a política
(cooperativa, ben común, ao servizo da cidadanía e da maioría, en contacto coas organizacións
sociais, …) con novas linguaxes e novos xeitos de actuar.
Para Espazo Ecosocialista eses pois deben ser os obxectivos da Alternativa Galega de
Esquerda:
– Recuperar a ilusión pola política e incorporar á cidadanía crítica ao movemento
necesario para o cambio;

– Contribuír a que os grados de unidade acadados se amplíen e se asenten nun
modelo cooperativo e inclusivo;
– Situar con forza as demandas de radicalidade democrática: desprofesionalización
da política, apertura dos partidos, listas abertas e desbloquedas, limitacíón de
mandatos,…
– Apoiar un programa de cambio sustentado en tres piares: a defensa do ben
común, a sustentabilidade ambiental e social, e a ampliación do noso autogoberno
entendido como parte da nosa soberanía cívica.
Somos conscientes de que o proceso de renovación e converxencia da esquerda
galega non remata o 21-O, e de acordo coa nosa idea de cooperación política na pluralidade,
Espazo Ecosocialista manterá aberto o diálogo e facilitará os espazos de encontro
necesarios con todas as forzas progresistas e galeguistas.
Un proceso que de seguro será máis doado cun bo resultado da Coalición Alternativa
Galega de Esquerda e cunha derrota do Partido Popular.
Para elo entende que ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA debe ir máis aló dos
partidos que o conforman debe vertebrarse sobre a cidadanía desafectada, so deste xeito
recuperarase un voto que nos últimos anos ten quedado na casa ou virado cara o voto branco.
Espazo Ecosocialista fará unha campaña propia de apoio a coalición Alternativa
Galega de Esquerda co lema ‘a ALTERNATIVA GALEGA reverdece desde a ESQUERDA’
consciente de que a nosa visibilización pode achegarse á AGE a sectores que doutro xeito
non se incorporaren porque necesitan de algo novo.
Vai ser unha campaña que se movan a rede e onde ademais do lema imos xogar cos
hashtags: #reverdececoaesquerda #haialternativa #polobencomun
XORNADAS SECTORIAIS
Tamén imos facer unha campaña de apoio de contacto directo con organizacións sociais.
– Encontro sobre a defensa do Ben Común (A Coruña, 11-10-2012). Presenta: Pepa
Faraldo, Coordinadora da area de BenComún de Espazo Ecosocialista. Interveñen:
Manuel Dios, Coportavoz de Espazo Ecosocialista e candidato de AGE pola
Coruña, e Joan Coscubiella i Conesa, deputado e portavoz de ICV no Congreso
dos deputados.
– Encontro sobre Radicalidade Democrática (Pontevedra 15-10-2012). Presenta:
Xacobe Abel Fernandez, Coordinador da area de liberdades de Espazo
Ecosocialista. Interveñen: Chus Bóo e Xoan Hermida, candidatos de AGE por
Ourense e Pontevedra e coportavoces de Espazo Ecosocialista, e Joan Saura, ex-
Conseller de Presidencia da Generalitat da Catalunya, senador e President de ICV.
– Encontro sobre Sustentabilidade (Compostela 18-10-2012). Presenta: Xan Duro,
Coordinador da area de sustentabilidade de Espazo Ecosocialista. Interveñen: Ivan
Rodriguez. Candidato de AGE por Lugo, e Jordi Guillot. Vicepresident de ICV e
senador pola Entesa Catalana de Esquerras.

CANDIDAT*S DE ESPAZO NAS LISTAS DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA
Espazo Ecosocialista nunca estivo preocupado pola posición nas listas electorais senón
ocupado pola renovación das ideas e da política, polos seus aspectos propositivos. Nese senso, o
feito de que os homes e mulleres ecosocialistas exclusivamente pechemos as listas ademais
dunha honra supón a confirmación que é iso, e non outras cuestións, as que nos moven.
Manuel Dios Diz. A Coruña. Mestre, profesor no IES de Cacheiras (Teo), presidente e fundador do
Seminario Galego de Educación para a Paz. Tivo un papel relevante nas orixes e desenvolvemento
do sindicalismo nacionalista galego nos ’70 é80, así como nas executivas do ensino, da CXTG e
da CIG. Formou parte do Observatorio Galego da Convivencia Escolar e no do Estado. Está
vinculado ó movemento pacifista. É membro do Secretariado internacional do Foro Mundial de
Educación (FME). Participou activamente nos Foros Sociais Mundiais (FSM) e coordinou o Foro
Mundial de Educación de Santiago de Compostela en 2010. É Coportavoz do Espazo Ecosocialista.
Iván Rodríguez Lombardero. Lugo. Xeólogo, doutor pola UPM; profesor de CC Ambientais na
UEM; técnico na Consejería de Medio Ambiente da CAM; consultor ambiental en Iberdrola e axente
de sostibilidade no concello de Ribadeo. Actualmente profesional libre en medio ambiente e
enerxías renovables. Membro do Consello Nacional de Espazo Ecosocialista.
Maria Xesús Bóo Feijóo, Ourense. Licenciada en Química. Profesora de Ensino Secundario no
IES de Ames. Socia fundadora da asociación ecoloxista Verdegaia. Ocupou diversos cargos en
asociacions de ANPAS de Galiza.; Co-portavoz de Espazo Ecosocialista
Xoán Hermida González. Pontevedra. Licenciado en Historia Contemporánea e postgrao
en filosofía pola USC, foi secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador
do Grupo Parlamentar Mixto entre 1997 e 1999, foi director da ONG AMARANTE desde
outubro de 1999 a outubro de 2007; Coordinador de Espazo Ecosocialista

Exit mobile version