Site icon Crónica3.com A Mariña

Explica o PP que os investimentos da secretaría para o Deporte teñen por obxecto servir de pulo para a práctica de actividades físicas

Os investimentos da Secretaría Xeral para o Deporte na nosa comarca teñen por obxecto contribuír servir de pulo para a práctica de actividades físicas e implantar na sociedade un estilo de vida máis saudable

Balseiro asegura que os preto de 2 achegados pola Xunta nesta lexislatura permitiron multiplicar as dotacións e espazos deportivos dos concellos da Mariña

Salientan os 600.000 euros investidos no campo de herba artificial da Marosa, en Burela, as melloras das piscinas municipais de Cervo e Lourenzá, con achegas superiores aos 50.000 euros, ou novas instalacións como a pista de padel de Barreiros ou o circuíto de motocros en Paleira (Trabada) ou as pistas multixogos e circuítos biosaudables construídos na practica totalidade de concellos da comarca

A Mariña, 3 de outubro de 2012.- Os preto de dous millóns de euros achegados pola Xunta nesta lexislatura permitiron multiplicar as dotacións e espazos deportivos nos distintos concellos da Mariña lucense e contribuíron a facer máis atractiva a práctica de distintas actividades físicas que redundan no benestar da sociedade e contribúen a que os veciños da comarca dispoñan, grazas ao deporte, dun estilo de vida máis saudable.

Campo de fútbol da Marosa

Entre as actuacións desenvolvidas nestes últimos catro anos están as obras do obras acometidas no campo de fútbol da Marosa que contaron cun orzamento de 600.000 euros e consistiron no cambio de céspede, na instalación da rede de rego mediante aspersores, a delimitación do terreo de xogo e o acondicionamento de dous campos de fútbol 7. Así mesmo, realizáronse actuacións para a recollida das augas de escorrentía e recolocouse o alumeado xa existente.

Piscina Municipal de Cervo e Lourenzá

Outras actuacións que polo seu importe destacan, son as realizadas na piscina municipal de Cervo, unha das tres únicas de Galicia de 50 metros de lonxitude, foi mellorada grazas ao investimento de 58.000 euros da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte. Outros 55.029 foron destinados á reparación do vaso da piscina de Lourenzá.

Nova pista de padel e outras actuacións

Ao investimento en Cervo e Lourenzá únese o que realizou a Secretaría Xeral para o Deporte no Concello de Barreiros para a construción dunha pista de padel. O investimento neste caso chegou a 30.392 euros.

Outras actuacións relevantes desenvolvidas pola Xunta nestes ámbitos son os 111.846 euros para o circuíto de motocros en Paleira (Trabada), os 56.416 euros destinados á grada no campo de fútbol municipal deste mesmo concello, os 45.096 euros da pista multideportiva de céspede artificial do Valadouro, os 49.490 euros da pista multixogos de Mondoñedo e Viveiro e a cubrición da pista ao aire libre de Lourenzá, para o que se investiron 47.200 euros. En Xove a Xunta achegou 46.240 euros para o acondicionamento dun circuíto deportivo urbano.

Patrocinios deportivos

A Xunta tamén asinou contratos de patrocinios cos equipos de alta competición da comarca como os equipos de fútbol sala CD Burela, masculino e feminino, cun importe de máis de 65.900 euros, entre outros.

Exit mobile version