Site icon Crónica3.com A Mariña

FAPACEL denuncia a vulneración de dereitos ao que as ANPAS están sendo sometidas pola Xunta

FAPACEL (Federacion Provincial de ANPAS de Centros Publicos de Lugo) quere denunciar a vulneración de dereitos o que as ANPAS da provincia están sendo sometidas por parte do Sr. Xefe Territorial da Conselleria de Educacion e Ordenacion Universitaria. Con data do 8 de outubro a ANPA do CEIP San Miguel de Reinante fixo unha petición o centro para a utilización de un local para realizar unha actividade de información xeral para as nais/pais dese centro, baixo o titulo “Charla sobre a educación na actualidade” A dirección do centro permitiu dita actividade, pero horas mais tarde a dirección recibe unha chamada dende a Inspeccion central dicindo que o Xefe Territorial denegaba o local para a celebración desa actividade. Conven dicir que dita actividade foi realizada na praza do Souto, praza que é pública, como son os locais do centro. Esta federación non pode permitir que o Xefe Territorial vete as ANPAS un dereito que teñen recollido na Loe que é o uso dos locales do centro e menos cando esta ANPA estaba exercendo unha actividade para a que esta recoñecida pois un dos fins das ANPAS e “asistir e informar os pais en todo aquello concerniente a educación dos seus fillos”
Non imos permitir que nos sigan a quitar dereitos e imos denunciar este feito ali onde faga falla

Exit mobile version