Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito da celebración do Día mundial da saúde mental da asociación de axuda ao enfermo mental “A Mariña”

A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL “A MARIÑA” CONMEMOROU O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL CON GRAN ÉXITO:

A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA, conmemorou un ano máis o Día Mundial da Saúde Mental, unha xornada amenizada pola gran afluencia de xente que se achegou ás mesas informativas exportas a tal efecto en varias localidades mariñanas. Asi , segundo os datos recollidos, un total de 86 persoas foron informadas na Localidade de Burela, en Cervo 25, un total de 56 persoas pasaron polo stand de San Ciprian, e para rematar, un total de 82 persoas achegáronse ó stand situado en Ribadeo.

Hai que destacar os eloxios de tódolos visitantes os traballos realizados con gran esforzo nos diversos talleres ocupacionais, e tamén a súa colaboración.

Con esta actividade, ademáis de conmemorar o Dia Mundial da Saúde Mental, permitiunos loitar contra o estigma sobre a enfermidade mental, a pé de rua.

A Directora Técnica Xeral , Maria José Nóvoa, está moi satisfeita co resultado desta iniciativa, tanto polo trato recibido como pola comprensión expresada por moitos dos visitantes ós usuários que estaban nas mesas informativas.

Para rematar, recalcar que este ano o lema escollido a nível mundial (actividades em mais de 100 países) foi “LA MEJOR INVERSIÓN, TU SALUD MENTAL”. Com él pretendemos chamar a atención tanto ás Administracións Públicas como á sociedade da necesidade de dedicar os recursos necesarios para coidar este aspecto básico da saúde.

Exit mobile version