Os resultados polos xuvenís do Club de Bolos Xove foron os seguintes:
En CATEGORÍA INDIVIDUAL os dous finalistas foron ALEX MEITÍN SERANTES (CAMPIÓN) E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN (SUBCAMPIÓN), ámbolos dous do CLUB DE BOLOS XOVE.
En CATEGORÍA PARELLAS XUVENÍS, os anteriores ÁLEX MEITÍN SERANTES E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN proclamáronse tamén CAMPIÓNS DE ESPAÑA nesta categoría. Nesta mesma categoría o xogador xovense CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO, formando parella con DAVID DÍAZ do Club de La Panera, clasificouse en TERCEIRA POSICIÓN final.
Pois ben, o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Deportes Cristina Iglesias, recibeu onte ás 19:00 horas no Salón de Plenos aos tres xogadores do Club de Bolos Xove que tan excelentes resultados tiveron no Campionato de España, convertindo ao Club, e por ende ao noso Concello, nun referente desta modalidade deportiva. Na súa intervención, o Alcalde felicitou aos tres xogadores (Alex Meitín, Óscar Pérez e Cristian Rodríguez) e animounos a seguir por traballando para continuar por esta senda dos éxitos.