A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, comentou que a plantación de castiñeiros pode ser unha alternativa moi boa para terras agrícolas que quedaron abandonadas. Tamén dixo que se pode compaxinar con outros traballos e incluso pode ser a fonte principal de ingresos para algunhas persoas, pois hai pobos no norte de Portugal onde familias enteiras viven exclusivamente do cultivo dos castiñeiros.