MAIS DE 60 PERSOAS PARTICIPARON EN BURELA NUN SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA, ORGANIZADO POLO CONCELLO E POR BIC-GALICIA.
Esta acción de sensibilización foi impartida por Mar Iglesias Criado, xerente da empresa Magna Gestio, en representación de Bic-Galicia, e “pretendeu dar a coñecer, a través de experiencias reais de emprendedores galegos, o proceso de transformación dunha idea de negocio nunha empresa en funcionamento, dende que xurde o espírito emprendedor ata a súa concreción nun plan de empresa”, segundo explican desde a Concellería de Traballo.
Máis de 60 persoas dende potenciais emprendedora@s ata desempregad@s, traballadores en activo, etc, interesadas en crear o seu posto de traballo ou en informarse sobre temas de autoemprego, acudiron a este seminario no que se abordaron temas como a figura do emprendedor, a idea de negocio e a posta en marcha do mesmo, ademais de expoñerse casos reais de emprendedores galegos extraídos do Banco de Proxectos Empresariais.
Como continuación a este Seminario, os emprendedores poden realizar diferentes tipos de cursos en función do grado de maduración do seu proxecto: Seminarios de xeración e maduración e avaliación de ideas e Seminarios de planificación empresarial para a creación de proxectos empresariais.
Os seminarios impártense de forma presencial en colaboración co Concello de Burela. Os cursos están subvencionados ao 100% polo que a súa realización non implica coste económico para os alumnos.