Site icon Crónica3.com A Mariña

Mitin manduca

Mitin manduca
Vostede nunca participou nunha desas excursión de todo a cen para ir a ver algún santo e de paso visitar unha catedral?. Si, desas viaxes as que vas porque son baratas e o prezo é con todo incluído e a viaxe é en gran turismo de luxo, con aire acondicionado e conexión a internet. Decatase?

Non?. Xa non se acorda cando foi de viaxe a ver o santuario aquel e comer a mariscada incluída na oferta do todo a cen? O día aquel no que ao final ata veu unha milagre cando apareceu na casa cun colchón de viscolatex, cunha almofada ergonómica, cunhas potas de baixo consumo que cociñan sen auga e sen aceite e cunha papeleira de deseño.  Pois iso.

Agora teno máis doado. Apúntese para aos mitins manduca do PP. Esixa que o conviden, non permita que o marxinen. É o último en marketing electoral; lévante a comer e entre tanto explican algo como o dos colchóns e o das potas, pero do seu rollo. É moito máis doado, chegar, sentase, comer e irse. Entre tanto, se está pola labor, pode escoitar media ducia de estupideces, acordes con tales.  Mais ten a opción de abstraerse e centrarse na manduca, que é do que se trata.

Si ao remate o molestan pretendendo colocarlle media ducia de intencións de voto, non se preocupe, vostede é educado e intelixente e saberá que facer. Non ten que aguantalos como o colchón, a almofada e as potas que lle custaron un ril. E ten unha papeleira de deseño.

Segundo S.

Exit mobile version