Site icon Crónica3.com A Mariña

Nenos e maiores participaron na xornada de iniciación as aves da ría de Foz organizada pola librería Bahía

CELEBROUSE EN FOZ, ORGANIZADA POR LIBRERÍA BAHIA, A PRIMEIRA XORNADA DE INICIACION AS AVES DA RIA DE FOZ.

Unhas trinta persoas, entre adultos e nenos, participaron nesta xornada que comezou ás 12h da mañá cunha charla impartida por Oscar Rivas, presidente da Asociación Galega de Ornitolóxia, na que deu uns apuntes sobre o estudo das aves, as características que permiten a súa identificación e sobre as aves que podemos atopar de xeito máis habitual en Galicia e en concreto na Ría de Foz.

Pola tarde, os asistentes, guiados polo biólogo mindoniense Luis José Salaverri, poideron ver e identificar de preto numerosas aves. Salaverri, comparteu cós asistentes os seus grandes coñecementos sobre as aves da Ría, así como numerosas anécdotas e curiosidades das mesmas.

Destacou no fin da xornada a conciencia da gran riqueza ornitolóxica desta nosa Ría que é necesario poñer en valor e cuidar e conservar entre todos.

Exit mobile version