Site icon Crónica3.com A Mariña

O Azkar Lugo, sen dúbida, será o obxectivo laranxa da fin de semana

OS PRONISTAS, NO PUNTO DE MIRA DA BASE BURELISTA

O Azkar Lugo, sen dúbida, será o obxectivo laranxa da fin de semana. Xunto ao amigable de Castropol no que se verán as caras os conxuntos da Primeira División, a axenda futbolística do CD Burela FS Pescados Rubén engalánase con outros tres duelos antes os pronistas, en Autonómica Infantil e Cadete e en Nacional Xuvenil.

Abrirá o ciclo o conxunto infantil, de Carlos Méndez ‘Madar’, estreando a competición ligueira o sábado, ás 16.00 horas, antes do trepidante encontro de Primeira División RFEF entre o Burela FS e o FSF Móstoles, en Vista Alegre.

A xeira do domingo inaugurarase coa cita de Autonómica Cadete, ás 11.15, outra vez na bomboneira. Porá o broche dos duelos entre romanos e castrexos a Liga Nacional Xuvenil, ás 13.00 horas, nunha loita de titáns por non ceder a imbatibilidade da categoría.

Liga Nacional Xuvenil

Burela FS-Azkar Lugo FS

Domingo 28, ás 13.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Xuvenil

ED Vigo 2015-Burela FS (4ª xornada aprazada)

Liga Autonómica Cadete

Burela FS-Azkar Lugo

Domingo 28 de outubro, ás 11.15 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Infantil

ED EON Burela FS-Azkar Lugo

Sábado 27 de outubro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Exit mobile version