Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG asegura que o PP foi unha fraude para Foz en Servizos Sociais

O BNG DE FOZ AFIRMA QUE O PP FOI UNHA FRAUDE PARA FOZ EN SERVIZOS SOCIAIS

Para Basanta, o PP non quixo a Residencia para Foz senón xa estaría feita

Foz a 12 de outubro de 2012. – O BNG de Foz considera que á hora de valorar o trato que recibiu o Concello de Foz desde a Xunta por parte do PP durante a lexislatura foi unha fraude, sobre todo en materia de servizos sociais.

Foz necesita urxentemente unha Residencia e un Centro de Día

Para o BNG a construción da nova Residencia e do Centro de Día é unha necesidade e unha urxencia desde hai moito tempo posto que Foz ten unha poboación moi elevada de persoas maiores, máis de dúas mil trescentas persoas no noso concello con máis de 65 anos.

O BNG xa tiña na súa axenda no goberno dentro do Plan Concertado para a Mariña a construción dun Centro Residencial para 150 persoas en Foz que se paralizou ao entrar o PP no goberno porque o que está claro é que na axenda do PP non estivo nunca a Residencia de Foz pois a pesares de ter os terreos a disposición non foi capaz de poñer nin a primeira pedra. Os terreos levan desde o ano 2009 cedidos á Xunta pero o PP foi adiando a situación e “dando largas” para non facela. “É vergonzoso que o PP lle negara a Foz un servizo público tan necesario mentres gasta 1,6 millóns de euros este ano en festas gastronómicas”, declarou Basanta.

Neste sentido, dicir que o BNG plantexou varias mocións e iniciativas institucionais que foron rexeitadas polo PP para construír antes do 2015 a necesaria Residencia. “O PP estase a rir de todos os focegos e focegas ao non dicir a verdade e ocultar as súas intencións en canto á Residencia” apostillou Basanta.

O BNG aposta por aumentar as axudas sociais en vez de reducilas coma fixo o PP

O PP na Xunta durante o seu mandato reduciu as subvencións ao Concello de Foz para axuda no fogar en máis do 70%. En Foz hai só hoxe en día unha auxiliar traballando na axuda do fogar, algo totalmente inédito.

O PP na Xunta paralizou a lei da dependencia e ten sen atender en Foz a moitas persoas que a pesares de ter recoñecida a prestación por dependencia dun familiar hai máis de cinco anos non reciben ningún tipo de axuda (en Galiza hai máis de 25.000 persoas neste caso). Sen embargo, o PP non tivo reparo en entregar 1.038.441,60€ ao centro residencial asistencial Nuestra señora de Fátima y Cristo Rey, totalmente privado.

A Xunta do PP aumentou os prezos da escolas infantil de Foz en máis mil euros ao ano (hoxe págase 2.530 € cando o ano pasado pagábase 1.540) e sen embargo negouse unha e outra vez a ampliala quedando todos os anos máis de 25 nenos e nenas fóra de poder entrar. O BNG en varias mocións apostou pola súa ampliación da escola infantil e así se fará se chegamos novamente ao goberno porque en contra do que fixo o PP, o BNG si cre nos servizos públicos universais para todo o mundo sobre todo para máis o necesitan.

Mitins en Cangas, Nois e Cordido esta fin de semana

Esta fin de semana os mitins do BNG serán este venres en Cangas no Centro Cívico dos Castros, o sábado en Nois no Centro Cívico da Saira e en Cordido o domingo no local da asociación de veciños. O horario de todos as charlas será de oito e media da tarde.

Exit mobile version