Site icon Crónica3.com A Mariña

O cabeza de lista do PP por Ourense acompañou a cabeza de lista por Lugo nun mitin en Trabada

Os populares piden en Trabada o voto para Alberto Núñez Feijóo, o candidato da estabilidade, rigor e solvencia

O saneamento do núcleo de San Fernando, a construcción das 18 vivendas de protección pública ou a creacción de postos de traballos a través dos Plans de Cooperacións foron realidade gracias ao Goberno de Nuñez Feijóo

O cabeza de lista ourensá, Jesús Vázquez, acompañou a cabeza de lista popular, Raquel Arias e ao candidato José Manuel Balseiro nun mitin que contou cun gran número de asistentes

Trabada, 10 de octubre de 2012.- A Pontenova e Trabada foron esta tarde os lugares elexidos polos populares lucenses para levar a cabo os mítines de Campaña. Foi o cabeza de lista por Ourense, Jesús Vázquez quen acompañou a parte da candidatura nos dous mítines celebrados hoxe na Mariña.

O candidato mariñán, José Manuel Balseiro, destacou a labor do Goberno Galego nestes tres anos e medio e insistíu no rigor, responsabilidade e boa xestión de Alberto Núñez Feijóo. Afirmou Balseiro que Galicia ten un líder que se preocupa polos galegos, que busca solucións para os seus problemas, que paga as facturas e non as garda nos caixóns…un Alberto Núñez Feijóo que actúa e despois fala, que chama as cousas polo seu nome e non transiverxa nin feitos nin verbas- manifestou Balseiro, tras lembrar as descontextualizadas palabras empregadas onte polo Señor Veiga.

O candidato popular destacou algunhas das actuacións do Goberno de Núñez Feijoo en Trabada, como o saneamento do núcleo de San Fernando, a colocación das gradas do campo de fútbol, o circuíto de motocros en Paleira ou a creacción do Parque Biosaludable. Non se esqueceu tampouco da construcción das 18 vivendas de protección pública e das 20 persoas contratadas a través dos Plans de Cooperación.

Raquel Arias e Jesús Vázquez tamén valoraron as actuacións do Goberno de Núñez Feijóo na Mariña e pediron o voto para un líder serio, rigoroso e responsable, preocupado polas necesidades dos cidadáns, tratando de facer posible o que é necesario

Exit mobile version