Site icon Crónica3.com A Mariña

“O campañazo do Bingo” que organiza ACIA Foz repartirá 1.500 euros en premios en novembro

O VINDEIRO VENRES, 2 DE NOVEMBRO, VOLTA O CAMPAÑAZO DO BINGO QUE ORGANIZA ACIA FOZ. EN TOTAL VAI REPARTIR DURANTE O VINDEIRO MES 1.500 EUROS EN PREMIOS.

Foz, 31 de outubro de 2012. A asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz volve organizar o Campañazo do Bingo despois do éxito que esta iniciativa tivo en edicións anteriores. Desenvolverase todos os venres do vindeiro mes de novembro: os días 2, 9, 16, 23 e 30.

O bingo empezará ás once da noite, contará cun premio de 300 euros en vales de compra cada venres e será emitido en directo por Radio Foz (107.4 FM).

Nesta iniciativa de Acia Foz participan 26 establecementos hostaleiros: A Bolera, A Eskina, A Maseira, A Rambla, A Rula, Bar Acuario, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Happy Days, Cafetería May-Ros, Cafetería Xoyma, Café Express, Casa Rural El Rincón de Anita, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Namarinos, O Chícaro, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, Pizzería Xoiña, Restaurante As Brasas, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Mar e Restaurante Portochico.

No Campañazo do Bingo tamén están 25 comercios focenses: Alba Vila Centro de Dietética, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Construcciones Rifer SL, Construcciones y Canalizaciones José Saa SL, Darlintonia, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estanco Expendiduría nº 2, Floristería Fabeiro, Floristería Gardenia, Galerías Ginzo, Gestoría Fernández, Ginzo Hombre Mujer, Infotec A Mariña, La Flor Abulense, Lencería Esther, Mapfre Seguros, Ofifoz, Óptica Alain Afflelou, Pescados O Coyote, PI-R Hombre e Suministros Veipa.

O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, lembra que “os interesados deben seguir o sorteo desde un bar, mesón ou restaurante de Foz e decirlle ao propietario do local que está en posesión do cartón gañador. Será o hostaleiro o que contacte con Radio Foz para verificalo”. E subliña que “daráse un único premio de 300 euros ao primeiro campañazo, non hai liñas. Si houbese varios bingos o premio será exclusivamente para o primeiro que se comprobe en directo. Só se repartirá o premio si hai máis dun bingo no mesmo local”. Os 300 euros en vales de compra do premio deberán gastarse no comercio de Foz ao longo do mes de decembro.

Exit mobile version