Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato de CxG estivo en Viveiro falando coa xente e preocupándose polas infraestructuras

IVÁN MARRUBE COMPROMÉTESE A QUE O TRAZADO DA VÍA DE ALTA CAPACIDADE AO SEU PASO POR VIVEIRO SEXA O QUE REIVINDICAN OS VECIÑOS DE MAGAZOS.

Lugo, 13 de outubro de 2012. Iván Marrube, cabeza de lista de CxG na provincia de Lugo, estivo nas últimas horas en Viveiro falando coa xente dos seus problemas diarios e preocupándose polas infraestructuras.

Marrube achegóuse a Magazos, a carón da faixa que puxo a veciñanza reivindicando que se manteña o trazado para a vía de alta capacidade que pide a parroquia “e non o que quere o PP, que pasa polo medio da parroquia eliminando casas, negocios, patrimonio e leiras de cultivo”. O cabeza de lista de CxG subliñou que “si chegamos ao goberno galego comprometémonos a que o trazado que conte co apoio de Compromiso por Galicia será o consensuado coas veciñas e veciños de Magazos e non outros, que corresponden a intereses particulares, como o que propón o PP. Por interese público: Sí ao trazado consensuado coa veciñanza”.

Entre os actos previstos para esta xornada de sábado, 13 de outubro, Iván Marrube, participará no mitín de CxG en Burela previsto para as 21 horas no salón de actos da antiga biblioteca. Alí estarán tamén Brais Preto e outros membros da candidatura.

Exit mobile version