GONZÁLEZ BARCIA E TÉCNICOS DA XUNTA SUPERVISARON ESTA MAÑÁ OS CAMIÑOS DO BUIO E DO PERDOURO HACIA O CANTIÑO. OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO A REALIZAR NESES VIAIS, QUE COMEZARÁN MAÑÁ, SUPORÁN UN INVESTIMENTO DE 53.000 EUROS.
Burela, 10 de outubro de 2012. O alcalde de Burela, José María González Barcia, o concelleiro de Economía, José Casas, e técnicos da Xunta supervisaron esta mañá os camiños
O rexedor subliñou que “se trata de obras que no seu día foron demandas tanto pola asociación de veciños O Vencello como pola Comunidade de Montes en Man Común de Burela”.
González Barcia explicou que “as obras consistirán no afianzamento dos dous camiños. O do Buio leva un ancho de catro metros, irá con aglomerado, e a lonxitude do treito no que se intervirá é de 650 metros. Mañá comezan os traballos neste camiño e nos vindeiros días se acometerán as obras no camiño do Perdouro, que é un vial que discorre paralelo á vía do tren pola parte de abaixo e que ten unha lonxitude duns 550 metros. Neste caso aparte de proceder á limpeza de cunetas se lle dará un ancho de catro metros e medio. Os dous metros e medio centrais será en aglomerado en quente, e un metro a cada lado será con zahorra”.
O alcalde engadiu que “deste xeito ademais de cumprir coas demandas veciñais que nos plantexaron ao equipo de goberno, o que sí é certo é que se acondicionan dous camiños que teñen un certo uso. O camiño do Buio no Monte Castelo é moi utilizado, sobre todo no verán, porque facilita o tránsito de vehículos cara esa zona. E o camiño do Perdouro da acceso a fincas e é un vial que algunha xente emprega para pasear”. José María González Barcia dixo que “se trata dunhas obras importantes, que supoñen un investimento de 53.000 euros”.
Hoxe pola mañá o alcalde, o concelleiro de Economía, técnicos da Xunta e representantes da empresa constructora achegáronse a eses camiños para facer o replanteo da obra. O rexedor confía que no prazo dun mes os traballos conclúan, “sempre e cando o tempo o permita”. O equipo de goberno segue a traballar para mellorar as infraestructuras e a calidade de vida dos veciños e das veciñas de Burela.