Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo reparte dez composteiros a través do programa de compostaxe doméstica

O Concello reparte dez novos composteiros a través do seu programa de compostaxe doméstica

-Con esta entrega son xa 83 as familias que dispoñen de composteiros nos seus fogares cos que fabricar abono natural aproveitando os residuos orgánicos e reducindo o volume de lixo que xeran

Cervo, 30 de outubro de 2012-O Concello de Cervo fixo entrega esta tarde dun novo lote de composteiros. Un total de dez familias cervenses beneficiáronse deste reparto que se realizou na Casa Consistorial, onde os receptores recolleron os dispositivos e escoitaron as explicacións de Plácido Pérez, un voluntario con moitos anos de experiencia nesta práctica que sempre se ofrece para informar aos novos usuarios.

Este especialista explicoulles o procedemento correcto para conseguir compost de calidade para utilizar como abono nos seus terreos, así como algunhas recomendacións para aproveitar ao máximo as posibilidades dos composteiros. Un acto no que tamén estiveron presentes o alcalde, Alfonso Villares e a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.

Estes dez novos composteiros, facilitados a senllas familias cervenses, foron financiados por Sogama, a sociedade dependente da Consellería de Medio Ambiente, “a la que tenemos que agradecer que hiciera esta aportación a nuestro programa de compostaje doméstico” explica Alonso. Con esta nova remesa, son xa 83 os fogares que dispoñen destes elementos que fan posible a reciclaxe de residuos orgánicos a través da descomposición biolóxica. Unha cifra de beneficiarios que vai crecendo pouco a pouco.

Tal e como declara a edil de Medio Ambiente, “cada entrega es muy importante para nosotros como Concello ya que, con cada nuevo lote, estamos fomentando que más familias se unan a la práctica del compostaje y, por tanto, avanzamos en nuestro objetivo de conseguir que el reciclaje de residuos orgánicos domésticos se convierta en un hábito extendido en los hogares cervenses”.

Alonso tamén destaca “el interés demostrado por los cervenses a la hora de practicar el compostaje”, tanto “apuntándose a la lista de espera que mantenemos abierta para conocer la demanda y organizar las entregas” como “por el buen resultado que están obteniendo los receptores”. E é que o Concello non se limita a facilitar os composteiros, senón que tamén fai un seguimento da súa utilización, revisando e comprobando, fogar por fogar, que se lles está dando un bo uso e que se están acadando resultados.

“El primer gesto, el de la entrega, es relevante, pero también consideramos imprescindible conocer su grado de aprovechamiento” engade a delegada de Medio Ambiente. “Este seguimiento no sólo tiene el objetivo de controlar que los composteiros se destinan al fin para el que fueron repartidos”, senón que tamén “buscamos optimizar resultados, ya que en caso de que no se esté realizando el proceso correctamente, damos indicaciones para que puedan obtener un compost de calidad” remata Alonso.

Exit mobile version