Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá iniciou as obras de mellora do pavimento en varias carreteras locais

O CONCELLO EMPEZOU A MELLORA DE VIAIS EN VARIAS PARROQUIAS CUN PRESUPOSTO DE 55.000 EUROS. ANUNCIOUNO HOXE O CONCELLEIRO DE OBRAS, DINO VIDAL.

Lourenzá, 25 de outubro de 2012. O Concello de Lourenzá acaba de iniciar as obras de mellora do pavimento en varias carreteras locais, que contan cun presuposto de preto de 55.000 euros e son cofinanciadas polo Goberno Central e a Xunta de Galicia con cargo ao Plan Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural (PEIM) do ano 2011.

Anunciouno hoxe o concelleiro de Obras, o popular Dino Vidal, quen explicou que con cargo a ese programa “vanse facer distintas actuacións no concello, prácticamente en todas as parroquias, por exemplo merece a pena destacar pistas en Penelas, na parroquia de San Adriano, ou na Cazolga; outra actuación importante é a entrada á área do Pereiro e ao paseo do río Baos. Tamén se actuará nunha escolleira no Ranchito ou na pista de Tiangonce en distintos tramos, ademais da ponte de Canedo e unha partida pequeniña para distintas sinalizacións”.

Dino Vidal aclarou que desde o Concello “decideuse destinar o presuposto para estes viais porque son os que consideramos que se atopan en peor estado e máis demanda de amaño había por parte dos veciños. Non obstante, nos próximos meses temos previsto levar a cabo máis arranxos na rede viaria e esperamos que se convoque o Plan de Obras e Servizos (POS) para o que o Concello de Lourenzá ten xa unha partida destinada de 12.000 euros nos presupostos deste ano 2012”.

Exit mobile version