Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Lourenzá organiza un taller de memoria para maiores

ATA O VINDEIRO 23 DE OUTUBRO ESTARÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO TALLER DE MEMORIA PARA OS MAIORES QUE ORGANIZA O CONCELLO DE LOURENZÁ.

Lourenzá, 15 de outubro de 2012. En novembro dará comezo o taller de memoria que organiza o Concello de Lourenza por noveno ano. Segundo daba a coñecer esta mañá a alcaldesa, Emma Álvarez, a inscrición para anotarse estará aberta ata o vindeiro 23 de outubro.

A rexedora explicou que “un ano máis, e con este xa van nove, desde o Concello temos previsto iniciar o taller de memoria a partires do vindeiro mes de novembro. Os interesados en participar poden inscribirse no centro social Torreón dos Frades en horario de 9:30 a 12:30 horas ou a través do teléfono 982 12 10 36. Ata o 23 de outubro está aberto o prazo de inscrición”. Despois haberá unha xuntanza posterior para dividir os grupos.

Emma Álvarez subliñou que “este Concello segue a apostar polos maiores e tentando dar os servizos que están nas nosas mans para este colectivo, a pesares da crise e a pesares de que día tras día teñamos que facer números para poder, como diría calquera familia, chegar a finais de mes. Seguimos pensando na importancia que teñen as persoas maiores para este Concello e por ese motivo no vindeiro mes de novembro iniciamos ese noveno taller de memoria para todos os que queiran participar”.

Exit mobile version