A presentación terá lugar na Casa da Cultura da Pontenova ás 19h do 14 de Outubro.
O documental foi rodado nunha vintena de localizacións de Galicia e Europa, durante máis de dous anos.
O documental Morreu o demo, acabouse a peseta, que explora as raíces europeas do títere de luva que percorreu Galiza entre 1910 e 1960, será presentado o vindeiro domingo 14 na Casa da Cultura da Pontenova. Precisamente, as festas desta vila foron cita obrigada durante moitos anos a barraca da familia Silvent, creadora de Barriga Verde, que acodía ás Feiras de Outubro tras o seu paso polo San Froilán.
O documental trata de restaurar a memoria da familia Silvent a partir de conversas cos únicos descendentes dos titiriteiros, e da reconstrucción do espectáculo realizado pola compañía lalinense Viravolta. Paralelamente, o filme lévanos nunha viaxe internacional na busca das raíces comúns do teatro popular de marionetas europeo. Deste xeito, a rodaxe, iniciada en maio de 2009 en Londres, levou ao equipo de Tintimán Audiovsiual por Francia, Italia, Nápoles, República Checa e Portugal, así como aos festivais de títeres de Segovia ou de Redondela.