Site icon Crónica3.com A Mariña

O favoritisimo O Esteo-As Pontes agarda os pupilos de Lucas este sábado

O FAVORITÍSIMO O ESTEO-AS PONTES AGARDA OS PUPILOS DE LUCAS ESTE SÁBADO (17.30 HORAS)

Os pupilos de Iván Cao ‘Lucas’ volverán bater cunha proba de nivel na 4ª xornada de Terceira. O favoritísimo O Esteo, dende a primeira praza con tres de tres, agárdaos o sábado ás 17.30 horas (pavillón municipal das Pontes de García Rodríguez).

O Burela FS Pescados Rubén B chega coas pilas cargadas a esta cita, despois do “pequeno tropezo” ante o 5 Coruña FS, dun encontro do que Lucas extraeu unha lectura moi positiva, aínda que sen a fortuna do resultado. “A pesar de contar con baixas notables e medirnos a un rival moito máis experimentado, fomos capaces de despregar un bo xogo. Na primeira parte faltounos un pouco de sorte cara á portería e, na segunda, xa coa expulsión de Aarón, tivemos que adaptarnos a un rival moi pechado, con saídas á contra” analizou o adestrador, que ademais se congratulou pola “aptitude e ganas” dos xogadores máis novos, as incorporacións xuvenís.

O sábado, os laranxas retarán a imbatibilidade do Esteo (Eypar 12-2, 5 Coruña FS 1-2 e Ribeira de Piquín 1-5), sendo fieis á filosofía demostrada ata o momento. “Temos que manter esta liña e pulir a finalización para ir pasiño a pasiño, sen confiarnos” puntualizou Lucas.

No vestiario laranxa, non estará Aarón Fraga, sancionado con dous partidos de suspensión tras a expulsión ante os herculinos, e Carlitos, con molestias nun xeonllo, será dúbida. No entanto, se non hai contratempos de última hora, si entrarán na convocatoria Antón, Fabio e Erick, que chegarán a Burela o sábado pola mañá, despois do partido de Primeira División en Zaragoza.

Exit mobile version