
Dentro do Mes da maxia na Mariña lucense, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña, hoxe, 25 de outubro, o Mago Rafa ofreceu unha actuación para os nenos dos dous colexios de Barreiros. Foi no CEIP de San Miguel de Reinante. Os rapaces e rapazas desfrutaron un montón desta cita coa maxia.