Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP amosa satisfacción cos acordos do pleno da Deputación

O Partido Popular lidera a sesión plenaria do día de hoxe

. O equipo de goberno asume o compromiso, a instancias do PP, de corregir as deficiencias que presenta o servizo de catamaráns

. O equipo de Goberno comprométese a rematar o trámite de cambio de titularidade dun vial en Lourenzá

. Gómez Besteiro, recoñecendo que delega a sinatura en Vicepresidencia segunda, por cuestións de axilidade pon de manifesto que o Goberno da Deputación non é a súa prioridade e a súa persoa, máis que axilizar, entorpece

Lugo, 30 de outubro de 2012- O Partido Popular consigue a unanimidade nas dúas mocións presentadas na sesión plenaria de hoxe. As aportacións que fixo o PP son constructivas e de xustiza.

A veracidade da iniciativa presentada en rolda de prensa polo populares, o pasado sábado, fixo que tódalas forzas políticas aceptaran que o servizo de rutas fluviais en catamarán presentaba numerosas deficiencias, unha delas correxida, ademáis, unha vez registrada a moción do PP. Esa é a forma de traballar, con consenso, correxindo o que está mal, e aceptando propostas que reivindican aportacións necesarias- manifestou a voceira dos populares.

O apoio unánime relativo á redacción do convenio para a posterior sinatura entre Concello de Lourenzá e Deputación de Lugo era executar un acordo plenario de cada unha das administracións implicadas para intercambio de vías era materializar a vontade dos dous órganos supremos: os plenos das coorporacións locais afectadas.

O GPP non puido aprobar a moción do BNG con respecto a restablecer as axudas nos eidos da cultura e da lingua galega debido a que estas axudas non é preciso reestablece-las xa que nunca foron suprimidas. A marxe de considerar este asunto menos prioritario, o PP considerou esta iniciativa moi demagógica e lembrou que a etapa de responsabilidade do PP superou en cantidade as axudas dadas polo bipartito nas seguintes áreas: axudas audiovisuais (etapa 2005-2008: 19. 343. 519 €, fronte a etapa 2009-2012: 20. 705.000€); rede galega de teatros auditorios (etapa bipartita: 3.342.530€ fronte etapa goberno popular: 4.155.630€); industrias culturais (etapa bipartita: 5.539.800€, etapa popular: 7.035.000€); área de desenvolvemento rural e concellos preto de 6 millóns de euros.

Elena Candia aproveitou parar por en entredito a xestión en materia de promoción e ensino da lingua galega da Deputación Provincial de Lugo lembrándolles de que esa xestión non é apoiada polos lucenses, quenes o demostraron o pasado 21 O, puntualizando que os preto de 150 mil euros adicados polo organismo provincial a ese fin, máis que promoción da lingua galega, vendo a vinculación política da maioría das institucións que recibiron parte desas cuantía económica, non é desatinado interpretar que máis dun apoio a lingua galega é un uso partidista dos fondos públicos.

Criticou o PP, e ademáis votou en contra, da iniciativa levada a cabo sobre a liquidación económica dos hospitais provinciais (imposible cumplir o pago o primeiro trimestre cando a documentación foi presentada, por parte do Ente Provincial, en xullo).

Tampouco apoiaron os populares a iniciativa de instar ao goberno central a manter o nivel de investimentos para a provincia no ano 2013 por dúas razóns: 1- o nivel de investimento garantido anteriormente era “fume”, obras que se consignaban e non se facían e executadas que non se pagaban.

Na quenda de rogos e preguntas, os populares preguntaron pola delegación por parte do Presidente na sinatura da Vicepresencia segunda e polo futuro dos traballadores de SUPLUSA; no que atinxe a primeira cuestión, Besteiro asegurou que era por cuestión de axilidade e no que se refire a segunda cuestión eludeu posicionarse enrredándose en cuestión de formas.

Exit mobile version